Evento: III Festival Groba
III Festival Groba
En agosto de 2013 nacía en Ponteareas o Festival Groba marcando un referente dentro deste tipo de actividades de verán na Comunidade Galega. O seu formato, misturando a interpretación e maila formación de novos músicos como as súas principais sinais de identidade, ao igual que se vén facendo en moitos outros festivais por toda Europa, converteuno en único no noso entorno.
Este ano amplíase a oferta de actividades vencelladas ao Festival como son o concurso internacional de violín e clases maxistrais.
Nos concertos que se desenvolverán ao longo de unha semana actuará a Orquestra de Cámara Galega acompañada de solistas de alto nivel e tamén se conta co Obradoiro vocal "A Vila".
Todos os concertos serán de balde e comezarán ás 21:00h.
As actuacións do concurso de violín comezarán ás 19:00h.
Máis eventos de tipo Festival