Evento: Festa do Pemento de Arnoia

Festa do Pemento de Arnoia
venres, 5 agosto, 2016 a domingo, 7 agosto, 2016
Carballeira da Queixeira,
A Arnoia

Festa do Pemento de Arnoia

Festa de interese turístico de Galicia de exaltación do pemento de Arnoia

O primeiro protagonista da Festa do Pemento é, como é lóxico, o "pemento de Arnoia". Esta hortense oriunda de América adaptouse perfectamente ao lugar. O tipo de chán, microclima e coidado tradicional, unidos á pureza dos manantiais de auga de regadío, producen o chamado pemento de Arnoia.

Aínda que desde a noite do xoves hai folións, verbenas, concertos e tamén degustacións de pementos fritos, o primeiro domingo de agosto celébrase o día grande da Festa do Pemento de Arnoia. Máis de catro mil quilos de pementos sérvense ao estilo tradicional (fritos), reenchidos ou en tortilla, regados cos viños do Ribeiro, na carballeira da Queixeira, nunha xornada amenizada en todo momento coa música das charangas. O lugar está acondicionado con mesas, bares, stands de exposición de produtos e todo tipo de servizos, desde atraccións e barracas para os nenos ata un grande aparcadoiro. 

Definido nalgunhas catas como "un produto de alta calidade, unha auténtica delicatessen", o pemento que se cultiva nestas terras bañadas polo río Arnoia distínguese pola súa cor (gama de verdes que viran ao vermello suave con ocasión da madurez), o seu brillo e tersura, a finura e consistencia da súa carne, o recendo e de modo especial, o seu sabor, que nestas datas de agosto está no seu mellor momento. 

Nestas datas teñen lugar na Arnoia unha boa cantidade de actividades ao redor da Festa do Pemento, e este ano iníciase unha nova o Festival de Pandeireteiras Arnoia Viva, ademais de outras actividades deportivas e culturais.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Arde Lucus
12 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Festa da Rosa
13 de xuño
varios espazos