Evento: Filandón de Músicas do Courel

  • Programa do Filandón
Filandón de Músicas do Courel
domingo, 2 agosto, 2015 - 17:30
Ferrería de Seoane do Courel,
Folgoso do Courel

Filandón de Músicas do Courel

Festa de interese turístico de Galicia

A riqueza musical do Courel recobra vida, ano tras ano, nun escenario único no que se citan os tocadores do corno celta, os vellos romances, as cantigas da seitura e outros labores, os brindeiros de voda, gaiteiros e músicos que albergan antiquísimas tradicións.
Ao carón da bicentenaria Ferrería de Seoane, homes e mulleres de todas as idades, moitos deles espontáneos, cantan “a capella” ou interpretan pezas da máis antiga tradición con gaitas, tamborís, tambores, bombos, pandeiretas e algúns singulares instrumentos de percusión que aínda se conservan nestas terras.
Unha exposición de instrumentos tradicionais, discografía e bibliografía popular. Festa que naceu por iniciativa do musicólogo Xosé Lois Foxo para recuperar o inxente patrimonio musical do Courel.
A singular manifestación da memoria viva do Courel comeza coa posta en marcha do mazo centenario e dos foles da ferraría, unha das máis importantes instalacións industriais e arquitectónicas deste tipo que se conservan no Occidente europeo, convertida nun auténtico museo etnográfico. Logo, ten lugar a chamada ao Filandón (o nome procede do antigo labor de fiar o liño que se realizaba en veladas festeiras) facendo uso do corno celta, como antigamente se reunía os veciños. 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande
Festa do Boi
14 de xuño a 22 de xuño