Evento: Concerto de Fran Pérez, NARF

  • NARF
Concerto de Fran Pérez, NARF
luns, 3 agosto, 2015 - 21:30
Casa Mariñeira de Portonovo,
Sanxenxo

Concerto de Fran Pérez, NARF

Actuación do compositor e intérprete compostelán

Fran Pérez NARF, compositor e cantor de longo percorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo Lusófono.
Gústalle definirse como "cancionista" e a súa obra caracterízase pola procura constante de orixinalidade. Editou catro discos como NARF, " Nas tardes escuras" (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro , "Aló irmao" (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa, "Tótem"(Falcatruada 2007) e "Directo en Compostela" (Changüí, 2003). En solitario, a dúo, en trío ou con banda, presentou a súa música en festivais internacionais como o Mercado Cultural de Salvador de Bahía, Cambio Sonoro (Recife), Antídoto (Sao Paulo), varias edicións do Festival d’Agosto (Maputo), Festival de Mindelo, ou Cantos na Maré (Pontevedra). Tamén noutros ámbitos como Bafim (Bos Aires), London City Festival (Londres), Feira do Libro (La Habana) ou Liet Lavlut (Östersund), onde acadou o segundo posto no concurso da canción en Linguas Minorizadas Europeas. Levou tamén a súa música a escenarios de Bissau, Varsovia, Nova Delhi, Katmandú, Brighton, Barcelona, Cracovia ou Newcastle.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Maricarme
4 de maio
Arca da Noe
Lode
4 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Taibo
8 de maio
Rúa Nova, 22
Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5