Evento: Concerto de O Leo Arremecághona

  • Leo Arremecághona
Concerto de O Leo Arremecághona
sábado, 11 xullo, 2015 - 22:00
A Arca da Noe,
Vilar de Santos

Concerto de O Leo Arremecághona

Actuación dentro da xira OouiEa' 15

O Leo Arremecághona!!! é o nome do proxecto musical como cantautor punk de Leonardo Fernández Campos, nado en Matamá en 1974, que é un artista polifacético, filólogo e poeta.
A traxectoria musical do Leo Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Plá en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor.
A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril.

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda