Evento: Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
sábado, 16 xullo, 2016 a domingo, 17 xullo, 2016
Esteiro,
Muros

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

Festa de interese turístico de Galicia

Os veciños da parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros, organizan o "Gran Prix" de carrilanas. A que fora unha das principais diversións dos nenos da posguerra, as baixadas vertixinosas sobre unha plataforma de madeira montada sobre catro caixas de bolas, adquire nesta localidade a categoría de deporte artesanal (que hai quen cataloga entre os denominados "deportes de inercia").
A terceira fin de semana de xullo, escuderías de Galicia e do resto de España, e, desde hai pouco, tamén de Portugal, amosan en Esteiro os seus enxeños, nos que a velocidade non é o único que importa, senón tamén a imaxinación, os acabados e as innovacións mecánicas.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo
Festa das Cereixas de Paiosaco
5 de xullo a 6 de xullo
Campo da feira