Evento: Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
Festa de interese turístico de Galicia
Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2004, a festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas conta cun grande arraigo popular na súa contorna. Durante cinco días celébranse distintos actos, entre os que destacan o pregón, a regata internacional de faluchos (embarcacións tradicionais de vela latina), a procesión e o Festival Poético Piro-Musical.
Verbenas, concursos de redacción e pintura e torneos deportivos completan a programación festiva. O domingo pola noite, os veciños de Bouzas, antiga vila pesqueira, anexionada ao municipio de Vigo en 1904, acompañan ao Santo Patrón, a ombreiros dos portadores, en procesión.
Programa das Festas de Bouzas 2015
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

9 de maio a 11 de maio

9 de maio a 11 de maio