Evento: Rutas Contemporáneas
Rutas Contemporáneas
Neste taller expónse a historia do CGAC, percorrendo a súa arquitectura e achegándose ás súas exposicións. A idea de refuxio, os xogos de escala, os sons e as paisaxes extremas presentes nas mostras de Cristian García Bello ou de Manuel Vilariño servirán de ponte para traballar no veciño parque de Bonaval.
Internándose nos xardíns para desentrañar os misterios e as historias que gardan. A terra, as árbores, as follas, a auga, as sombras, os ocos e os restos arquitectónicos servirán de materia prima e de escenario para a iniciación á land art e a outros movementos artísticos contemporáneos. Constatando a presenza do xeométrico, o orgánico, o inerte, o vivo, o silencio e o son nestes dous espazos complementarios e xeradores de arte que unen patrimonio histórico e modernidade.
Levando o museo á natureza e a natureza ao museo.
- Dirixido a nenos de 7 a 9 anos.
- O Obradoiro desenvolveráse do 28 ao 31 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 h.
- Ofértanse 20 prazas previa inscripción desde o 24 de xuño nos enderezos electrónicos: cgac.educacion@xunta.es e cgac.pedagogia@xunta.es