Evento: Campamento de ciencia e tecnoloxia

Campamento de ciencia e tecnoloxia
luns, 31 agosto, 2026 a venres, 4 setembro, 2026
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Campamento de ciencia e tecnoloxia

A cargo de Ciencia Kids.

Nun mundo cada vez máis impulsado pola innovación, a ciencia e a tecnoloxía non só abren portas profesionais, senón que desenvolven habilidades esenciais para a vida. Aprender a investigar, resolver problemas, deseñar solucións e comprender como funciona o mundo prepara ás novas xeracións para afrontar retos reais con creatividade e pensamento crítico.

Este campamento ofrece unha contorna estimulante onde os participantes poñen en práctica estes coñecementos a través de experiencias concretas:

1. Experimentos científicos: Exploración de principios de física, química e bioloxía mediante experimentos seguros e guiados, fomentando a observación, a análise e a resolución de problemas.

2. Programación de robots: Introdución á lóxica de programación e control de robots, utilizando contornas e linguaxes adaptadas á idade e nivel dos participantes. Desenvolveranse rutinas para que os robots realicen tarefas específicas e respondan a diferentes estímulos.

3. Construción de robots con materiais reciclados: Deseño e ensamblaxe de robots empregando pezas reutilizadas e materiais reciclados, promovendo a creatividade, o enxeño e a conciencia medioambiental.

4. Deseño e impresión 3D: Uso de software de modelado para desenvolver pezas e obxectos, que logo serán fabricados con impresoras 3D, integrando deseño, precisión e tecnoloxía de fabricación dixital.

5. Programación de videoxogos: Desenvolvemento de videoxogos desde a idea inicial ata a programación, incorporando lóxica, narrativa interactiva e deseño gráfico.

Un espazo para adquirir competencias clave, espertar a curiosidade e sentar as bases dun futuro onde a innovación será o idioma común.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: do 31/08/2026 ao 04/09/2026 en horario de 9:30 a 14:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns, 24 de agosto na sala infantil ou no teléfono 982828329

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de danza para nenas e nenos no Museo de Belas Artes da Coruña
Obradoiro infantil de danza
26 de setembro a 17 de outubro
Museo de Belas Artes
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A nube das palabras bonitas
2 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola