Evento: Festa de Exaltación do Pan de Cea

Festa de Exaltación do Pan de Cea
domingo, 3 xullo, 2016 - 10:00
Campo da Saleta,
San Cristovo de Cea

Festa de Exaltación do Pan de Cea

Declarada de Interese turístico

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo. 

O Campo da Saleta, convenientemente amenizado por pandeireteiras, charangas e gaitas, é o escenario onde, o domingo, ten lugar a Festa do Pan de Cea, co seu pregón e comidas popular e de autoridades, nas que se reúnen todo tipo de produtos con denominación de orixe galega, desde viños e queixos ata lacón, mel, tenreira, augardentes, licores, patacas ou produtos de agricultura ecolóxica.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
Festa da Bica
26 de xullo a 27 de xullo
A Pobra de Trives
Festa do Carneiro ao Espeto
27 de xullo
Carballeira de Santa Lucía
Festa do Percebe de Aguiño
27 de xullo
Aguiño