Evento: Os xogos do paporrubio
Os xogos do paporrubio
Os xogos do paporrubio
Compendio de xogos animados e autónomos de temática agraria
O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.
A pretensión é facerlle accesible aos pequenos, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.
Ligazóns