Evento: Xornada de Conferencias

Xornada de Conferencias
sábado, 27 xuño, 2015 - 10:00
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Xornada de Conferencias

Relatorios que xiran sobre estes tres eixos: artes e interculturalidade, infancia e integración e arte na terceira idade

Artes e interculturalidade, infancia e integración, e arte na terceira idade. Estes serán os tres puntos clave da xornada de conferencias que o Encontro Artes pola Integración celebra no Gaiás.

Unhas conferencias onde se verifica, avalia e proponse desde diferentes áreas do coñecemento como a pedagoxía, as políticas públicas, a socioloxía, a cooperación cultural e sobre todo desde as prácticas artísticas contemporáneas a inclusión de facer arte en comunidade como ferramenta vital e coherente co desenvolvemento das sociedades actuais.  

Esta xornada analiza as bases conceptuais e procedimentais dunha educación inclusiva formal (realizada sobre todo nos centros educativos) e non formal (realizada en museos, salas de espectáculos, fundacións e proxectos específicos).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
CARPETA DE ACUARELAS
"ARTE NO CAMIÑO"
19 de maio
LICEO RECREO OURENSAN