Evento: Concerto Italiano

  • Concerto Italiano
  • Cartel do Festival
Concerto Italiano
mércores, 1 xullo, 2015 - 20:30
Igrexa de San Domingos de Bonaval,
Santiago de Compostela

Concerto Italiano

Concerto da programación do Festival Vía Stellae

Trinta anos de éxitos en todo o mundo, recoñecementos e premios avalan o rigor da carreira desta agrupación italiana que sen dúbida contribuíu decisivamente a revolucionar os criterios para a execución da música antiga. E regresan coa súa grande especialidade: os madrigais de Claudio Monteverdi. Os nove libros de madrigais do compositor de Cremona constitúen a culminación deste xénero. Nada mellor que a sensibilidade, a técnica e a expresividade de Concerto Italiano e Alessandrini para descubrir a mestría de Monteverdi

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños