Evento: Feira do Libro de Ourense
Feira do Libro de Ourense
Feira do Libro de Ourense
Cita cos libros, autores e a cultura en xeral
As Feiras do Libro de Galicia 2015 iniciarán en abril un percorrido polas catro provincias galegas que as leva ata o mes de agosto por Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo, Ribeira, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos.
Baixo o lema ‘A historia en letras’, en alusión ao historiador e escritor Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado este ano coas Letras Galegas, a Federación de Librarías de Galicia e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoven estes espazos de encontro anuais da cidadanía cos libros e lectura, cos autores e autoras, cos libreiros e libreiras, e, en xeral, coa cultura.