Evento: Entre nós e o mundo. Aprendernos da estrañeza
Entre nós e o mundo. Aprendernos da estrañeza
O Museo Etnolóxico presenta a actividade "Entre nós e o mundo. Aprendernos na estrañeza".
O vindeiro xoves 18 de setembro ás 10:00 horas, o Museo Etnolóxico acollerá a actividade especial "Entre nós e o mundo", vinculada á exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico.
A proposta combinará unha visita guiada á exposición cun espazo de conversa interxeracional acompañado dun café, no que as persoas participantes poderán compartir experiencias, reflexións e lembranzas arredor da migración, o turismo e a diversidade cultural.
A actividade inclúe tamén un xogo participativo, pensado para estimular a curiosidade, a observación e o diálogo a partir de vivencias noutras contornas.
Con unha duración aproximada de dúas horas, esta iniciativa busca favorecer a comprensión mutua entre xeracións e abrir un espazo de encontro arredor das múltiples formas de habitar e percibir o mundo.
Máis eventos de tipo Outras actividades