Evento: Presentación do libro "A agonía das folerpas"
Presentación do libro "A agonía das folerpas"
Presentación do libro "A agonía das folerpas"
A agonía das folerpas é a primeira novela de Óscar Reboiras, coa que gañou o Premio de Novela Galicia Rural 2022.
A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada.
A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas…
Esta actividade é especialmente emocionante por poder contar co autor dunha novela ambientada nun lugar dun dos concellos polos que viaxa a nosa Furgoteca.
Ao remate da presentación, realizaremos unha visita á aldea medoambiental de Salgueiro.
Trátase dunha actividade aberta a tódolos públicos, agardámoste!
DATA: 6/09/2025
HORA: 11:00H
LUGAR: Porta do Xurés do Concello de Muíños
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso