Evento: A serie clopen

A serie clopen
domingo, 28 setembro, 2025 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora son os ingredientes de A serie clopen, un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e investiga o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as Matemáticas.

Pero todo o que descobre, xera máis preguntas...

Poderán as Mates explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?

Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración?

E, sobre todo, poderá o Circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?

A serie clopen é a primeira produción propia do Centro Dramático Galego co circo como eixo central e como punto de referencia para construír un mundo simbólico que convida á reflexión sobre o momento actual.

 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección de escena: Pablo Reboleiro

Dramaturxia: Pablo Reboleiro e Clara Gayo

Elenco: Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo

Iluminación e videoescena: Laura Iturralde

Escenografía: José Faro e Laura Iturralde

Caracterización e maquillaxe: Paula Quintas e Erea Pérez

Vestiario: Carlos Alonso

Movemento escénico e coreografía: Marta Alonso

Asistencia de dirección e espazo sonoro: Marcos Carballido

Asistencia de circo: José Expósito

Música orixinal: Xosé Lois Romero

Asistencia de produción: Santi Romay

 

  • Espectáculo recomendado para todos os públicos.
  • Medidas de accesibilidade: Interpretacións a LSE, audiodescrición e subtítulos para o teléfono. Ademais, funcións descontraídas todos os mércores cunha atmosfera acolledora e maior tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. 
  • Venda de entradas en ataquilla.com e no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo.

 

Ata o 26 de outubro de 2025 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, con funcións de mércores a domingos ás 18:00 h.

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto
Praza da Constitución
Costureiriña bonita, de Cris Collazo
31 de agosto
Praza do Concello
Os Bolechas e o gran reto
31 de agosto
Casa Común de Oza
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés