Evento: Milladoiro

Milladoiro
xoves, 7 agosto, 2025 - 22:30
Ext. Centro Dotacional Torroso - San Mamede,
Mos

Milladoiro

Xira 45 aniversario.

No marco da xira conmemorativa do 45º aniversario de Milladoiro, fito na historia da música galega contemporánea desde a súa fundación en 1979 por canto representa para a proxección da lingua e da cultura galegas, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora, por medio da Secretaría Xeral da Lingua, con tres concertos especiais que ofrecerá a formación nos concellos de Catoira (Pontevedra), Muíños (Ourense) e Mos (Pontevedra).

Estes concertos non só permitirán revivir os temas máis icónicos da súa traxectoria, senón tamén reafirmar a nosa identidade lingüística e cultural a través da súa música nun espazo de encontro e celebración colectiva.

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
5 de agosto
Praza do Concello
Xira 25 aniversario
6 de agosto
Alameda de Vilaza
Catas sonoras
7 de agosto
Museo do Viño de Galicia