Evento: Consello de Galiza
Consello de Galiza
O audiovisual, da produtora Memoria Documental da Galiza, céntrase na institución que lle dá título e na figura do seu presidente, o autor de Sempre en Galiza.
O Consello de Galiza foi creado formalmente na cidade de Montevideo o 15 de novembro de 1944 e constituído, de facto, o 8 de decembro na cidade de Bos Aires coa participación dos deputados galegos Alfonso Castelao, Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde. O documental conta con testemuños de históricos galeguistas e republicanos coma Lois Tobío, Mariví Villaverde, Rosa Puente, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, Santiago Carrillo, Elixio Rodríguez ou Manuel Martínez Lamela, así como coa participación de diversas personalidades da vida política e cultural galega e estatal: Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Francisco López “Chesqui”, secretario xeral do Partido Galeguista; Iñaki Anasagasti, xornalista e dirixente do PNV; Xoán Antón Pérez Lema, avogado; Alfredo Erias, historiador; Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e Xesús Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista. Por último, e para contextualizar o relato histórico, o documental refírese ao recoñecemento de Alfonso Castelao como "primeiro presidente do Consello de Galiza e precursor do noso autogoberno" celebrado no Parlamento de Galicia o 15 de novembro de 2024, coincidindo co 80 aniversario da constitución do Consello.
Máis eventos do ciclo FalaRedes

