Evento: Everything flows, nothing dies

  • Arte inmersiva na Torre de Hércules
Everything flows, nothing dies
martes, 15 xullo, 2025 a domingo, 31 agosto, 2025
Centro de Interpretación da Torre de Hércules,
A Coruña

Everything flows, nothing dies

Instalación de arte xenerativa

“Everything flows, nothing dies”, do artista francés Mathieu Le Sourd, “MAOTIK” afonda na relación entre a funcionalidade da luz do faro como guía e a capacidade expresiva na arte contemporánea, e reflexiona sobre a condición cambiante da natureza.

A instalación está composta por catro pantallas, ubicadas nos andares da Torre, nas que se proxectan paisaxes algorítmicas a partir de datos do movemento do mar e das correntes do aire. O espectáculo visual está acompañado con audios que evocan o son do océano, creando deste xeito unha experiencia inmersiva para as persoas que a visiten, e unha invitación á reflexión sobre os ciclos a vida e a relación do ser humano coa natureza. En palabras do artista, ‘Everything flows, nothing dies’ é “un recordatorio de que, se ben as formas e os estados poden cambiar, a esencia permanece”.

Tradición e vangarda mestúranse nesta proposta expositiva. O faro romano máis antigo do mundo, vencellado ao uso da luz como guía nunha construcción de milleiros de anos, adquire un papel de elemento expresivo dentro das artes dixitais, disciplinas en auxe a nivel global.

Sobre o artista

MAOTIK é un artista dixital de orixe francesa especializado na creación de espazos inmersivos, instalacións interactivas e performances audiovisuais que transitan entre a arte, a ciencia e a tecnoloxía.

Formado no ámbito dos medios e as artes dixitais no London College of Communication e a Universidad Pompeu Fabra de Barcelona, a súa produción emprega software feito á medida para transformar a percepción da realidade en tempo real. O seu enfoque da arte xenerativa defínese polo movemento fluído das imaxes e a súa integración en espazos inmersivos. A súa obra inspírase na natureza, abstraendo a súa esencia a través de esculturas audiovisuais baseadas na aleatoriedade, para crear experiencias únicas en cada ocasión

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense