Evento: Concerto de Pablo Seoane Trío
Concerto de Pablo Seoane Trío
Concerto de Pablo Seoane Trío
Actuación do trío de jazz liderado polo pianista Pablo Seoane
A principios da década pasada, o ferrolán Pablo Seoane irrompía na escena jazzística galega sorprendendo a propios e estraños. En pouco tempo era dono dunha abafadora e sólida lectura do piano clásico de jazz, cunha gran habilidade para o blues e unha capacidade insólita para bopear.
A súa única formación jazzística naquel momento consistía no seu paso polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. A medida que a década alcanza o seu ecuador, a musicalidade de Seoane comeza a inclinarse poderosamente cara a formas máis libres.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto