Evento: Punto en boca: Entre fíos anda o lío

Punto en boca: Entre fíos anda o lío
xoves, 28 agosto, 2025 - 20:00
Lourenzá,
Lourenzá

Punto en boca: Entre fíos anda o lío

De Raquel Crespo en coprodución co Centro Dramático Galego.

Este espectáculo é o primeiro resultado do proxecto Punto en boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade, que durante os meses de febreiro e marzo desenvolveu unha decena de actividades e obradoiros arredor do mundo da costura no concello de Culleredo.

Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, utilizando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións. Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña discreta, incansable, tecedeira de silencios.

Creación e interpretación: Raquel Crespo

Dramaturxia: Susana Crespo

Música: Xosé Lois Romero

Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo. Poderá verse nunha trintena de concellos galegos durante a xira que desenvolverá ata finais de agosto.

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade