Evento: Maxia de rúa
Maxia de rúa
Maxia de rúa
Espectáculo de maxia a cargo de Joshua Kenneth
A maxia de rúa con Joshua Kenneth é unha proposta apta para todos os públicos. Neste espectáculo cheo de humor e maxia o ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth achega unha selección de impactantes números de poesía visual, mentalismo, prestidixitación… utilizando obxectos da nosa vida cotiá. Misterio mesturado cun pouco de historia do ilusionismo: unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

26 de xullo, 20:00
Praia fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo

26 de xullo, 20:00
Praza do Cruceiro de Olveiroa - Dumbría - A Coruña