Evento: Charlatán Rodríguez

Charlatán Rodríguez
xoves, 14 agosto, 2025 - 20:00
Campo de San Francisco,
Ribadeo

Charlatán Rodríguez

Espectáculo de teatro a cargo de Rendos Pequeno

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.

Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez. 

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Xogando a reciclar
29 de xullo, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Alma de grilo
29 de xullo, 20:30
Xardíns da Casa Grande de Viloira - O Barco de Valdeorras - Ourense
Gran cuarteto da Familia Bocaprier
29 de xullo, 21:00
Rúas da vila - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
Xogando a reciclar
30 de xullo, 11:00
Casa de Cultura - Ribadumia - Pontevedra