Evento: A Serie Clopen

A Serie Clopen
mércores, 15 outubro, 2025 a domingo, 19 outubro, 2025
Rúa Nova, 34,
Santiago de Compostela

A Serie Clopen

/A Serie Clopen/ é unha proposta multidisciplinar que combina acrobacias imposibles, comedia, danza e clown para reflexionar, en clave de humor, sobre os desafíos que afronta a mocidade hoxe. A través da histor...

Acrobacias imposibles, aéreos impactantes comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. Serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.
Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e investiga o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as Matemáticas.
Pero todo o que descobre, xera mais preguntas...
Poderán as Mates explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?
Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración?
E, sobre todo, poderá o Circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos