Evento: Campamento de maxia

Campamento de maxia
luns, 18 agosto, 2025 a venres, 29 agosto, 2025
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Campamento de maxia

Durante os días de campamento, por un lado, aprenderemos xogos de maxia con distintos elementos (cartas, papeis, dados, cordas...) divididos en dúas seccións: maxia de cerca e maxia de escenario para obter unha formación ampla. Ao rematar o curso os nenos e nenas terán un maletín máxico con todo o material entregado durante o campamento; así como tódalas manualidades que se farán para preparar osdistintos xogos de maxia.A súa vez, na parte de teatro, traballaranse diversas técnicas e dinámicas para que á horade actuar, os nenos e nenas obteñan ferramentas que lles permitan saber falar en público,estar en escena e peder o medo escénico. Ao remate do campamento entregarase un diploma que certifique toda esta aprendizaxe.E todo isto, sen esquecer o compoñente de xogo e diversión que debe ter toda aprendizaxe.

Un campamento que é unha fiestra aberta á imaxinación, ao xogo e á actuación.

Data e hora: Do 18 ao 29 de agosto de 10.00 a 13.00 h

Público destinatario: infantil, de 8 a 13 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca dende o luns 28 de xullo ás 9.00 h

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto