Evento: Hocus Pocus

Hocus Pocus
martes, 17 xuño, 2025 - 10:00
Tremoedo,
Vilanova de Arousa

Hocus Pocus

Espectáculo de maxia a cargo do Mago Paco

Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 

A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativos que provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobre todo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobre todo inesquecibles.

Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!!!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Maxicamente
26 de xuño, 20:00
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
Concerto
27 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Xira 25 aniversario
27 de xuño, 20:30
Auditorio Constante Liste - Teo - A Coruña
O Furancho
27 de xuño, 21:30
Auditorio Municipal - A Illa de Arousa - Pontevedra