Evento: Cabaret acuático

Cabaret acuático
xoves, 24 xullo, 2025 - 21:00
Praza de Castelao,
Rianxo

Cabaret acuático

Espectáculo de danza a cargo de Nelson Quinteiro

Un pasarrúas de danza e cabaret inspirado nos areais de principios de século XX, a ritmo de swing e manouche e con un vestiario e atrezzo que nos leva directamente á Biarritz, á Marsella, á Donostia dos anos 20. 

O "Cabaret Acuático" combina a animación de rúa co cabaret e a danza na rúa, nunha proposta con estética marítima e modernista e música swing-manouche, construíndo un espectáculo moi visual, alegre, desenfadado para todos os públicos e que nos emocionará facéndonos sentir o son da auga e as sensacións de mollarnos, refrescarnos, mergullarnos nunha festa de auga! Empregando aspersores, sprais, mangueiras ou regadeiras. Toallas, panos e balóns de praia. E auga! moita auga! Con un vestiario de última xeración e tecido con nanotecnoloxía hidrófuga, unha caracterización moi identificable e un elenco que goza, vibra, entra no personaxe e nos ofrecerá o mellor de cada un/ha neste espectáculo de variedades con coreografías corais, números individuais e xogos Ideóna para animar paseos marítimos, feiras modernistas, areais, festas da auga ou feiras/festas mariñeiras. O noso cabaret acuático non é só unha innovadora proposta artística na que acabamos pingando público e artistas, senón que tamén unha experiencia inesquencible e moi divertida que transforma calquera espacio nun escenario costeiro cheo de frescura e diversión.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Humor á cara
23 de xullo, 20:00
Praza do Cantón - Chantada - Lugo
Selkie, a lenda do Mar do Norte
24 de xullo, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña
Ledicias 2.0
24 de xullo, 19:00
Área Recreativa Río Furelos - Melide - A Coruña
Maxia de rúa
24 de xullo, 19:00
Xardíns da Praza de D. Ramón - Lalín - Pontevedra