Evento: Nai + Véxote + Pura

  • Pura
Nai + Véxote + Pura
mércores, 18 xuño, 2025 - 21:30
Casa da Cultura,
Meira

Nai + Véxote + Pura

Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego
  • Curtas Sesión 1

As curtametraxes de ficción e animación finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo forman parte do Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os traballos agrúpanse en dúas sesións, de xeito que nesta Sesión 1 proxéctanse as seguintes curtas de ficción:

Nai

Ficción. Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla.

Dirección: Tito Refoxo

Véxote

Ficción. David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse.

Dirección: Óscar Pardo Cartelle

Pura (na imaxe). Premio Mestre Mateo 2025 á mellor curtametraxe en imaxe real

Documental. Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas.

Dirección: Carmen Méndez

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Corazón verde
10 de xuño
Filmoteca de Galicia
Los girasoles
10 de xuño
Filmoteca de Galicia
Los girasoles
11 de xuño
Filmoteca de Galicia
Programa ficción
11 de xuño
Filmoteca de Galicia