Evento: Costa da Morte, cartografía dun naufraxio

  • Costa da Morte
Costa da Morte, cartografía dun naufraxio
venres, 11 xullo, 2025 - 22:30
Parque Rosalía de Castro,
Ares

Costa da Morte, cartografía dun naufraxio

Centro Dramático Galego en coprodución con Mariña Lestón

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron... Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.

Proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto, programada en lugares emblemáticos e cargados de historia e escenarios inmersivos do noso litoral, que permitirán conectar o público co pasado a través desta montaxe, na que a música e as imaxes potenciarán tamén unha experiencia sensorial e emocional.

 

Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón
Interpretación: Mariña Lestón
Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo
Asistencia vocal: Cristina Domínguez
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Imaxe e audiovisuais: Anxo Beiro
Proxeccións e deseño gráfico: Xaime Beiro
Técnico en xira e iluminación: Jorge Álvarez
Coproduce: Centro Dramático Galego

 

Duración do espectáculo: 50 minutos

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
6 de febreiro
Teatro Lauro Olmo
tÁ
7 de febreiro
Teatro Pastor Díaz