Evento: Costa da Morte, cartografía dun naufraxio
Costa da Morte, cartografía dun naufraxio
Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron... Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.
Proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto, programada en lugares emblemáticos e cargados de historia e escenarios inmersivos do noso litoral, que permitirán conectar o público co pasado a través desta montaxe, na que a música e as imaxes potenciarán tamén unha experiencia sensorial e emocional.
Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón
Interpretación: Mariña Lestón
Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo
Asistencia vocal: Cristina Domínguez
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Imaxe e audiovisuais: Anxo Beiro
Proxeccións e deseño gráfico: Xaime Beiro
Técnico en xira e iluminación: Jorge Álvarez
Coproduce: Centro Dramático Galego
Duración do espectáculo: 50 minutos
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Espazo museístico Estaleiro do Ciprián
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza do Naufrago (Celeiro)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo do mar de Sorrizo
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Paseo marítimo de Sardiñeiro
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Mirador de Monte de Ancos
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Porto de Espasante
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:A Salgadeira Vella de Punta Moreiras
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Parque Rosalía de Castro
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Castelo da Concepción