Evento: A Hortiña

A Hortiña
sábado, 2 agosto, 2025 - 20:00
Campo de San Pedro,
Corcubión

A Hortiña

Espectáculo de teatro a cargo de Yago Espasandin

A Hortiña é unha peza orientada ao público de educación infantil ata segundo ciclo de primaria, un xeito máis ameno de achegarlles ese mundo das aves, os bosques, e o coidado do medio ambiente a través do dialogo, a participación e a mitoloxía.
ESPECTÁCULO: Porque conta cos elementos propios deste; historia,personaxes, atrezzo, vestiario, desenvolvemento escénico.
CONTO:Porque conserva ese formato de cercanía e comunicación.
OBRADOIRO: Porque o público participa e colabora, con este personaxe nas súas actividades de xardinaría e ornitoloxía entre outras.
Seguindo a fórmula unipersoal que tan ben funcionou noutros proxectos, presentamos esa liña de comunicación, personaxe – espectador, que facilita ás crianzas o coñecemento dos temas a tratar na peza, e encadra o conto nun contexto máis pedagóxico, que fai que se adecúe ao ámbito escolar.
“Ledo é un rapaz, gran afeccionado a xardinaría, que vive tranquilo nunha pequena hortiña viaxeira. A Ledo non só lle gusta a xardinaría; desfruta moito coa ornitoloxía, goza da paisaxe, e gustaríalle ser un cento de oficios, que teñen que ver coa natureza, as plantas e as flores. A súa principal preocupación é que o “gris”, coma el lle chama, invada todo, por iso escribe cartas das árbores que vai coñecendo, e bota amigos un tanto curiosos, coma o trasno Salgueiro que lle axudan a que a
hortiña viaxeira se faga cada vez máis grande.”

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Lavandeiras
22 de xuño, 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme - Barreiros - Lugo
Momentos máxicos
22 de xuño, 19:00
Campo de Feira - Guitiriz - Lugo
Mil maxias máis
23 de xuño, 18:00
Parque dos Tilos - Teo - A Coruña
Circo de lume
23 de xuño, 21:00
Campo da Torre - Caldas de Reis - Pontevedra