Evento: Catas sonoras
Catas sonoras
Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...
A música desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente.
Jeff Espinoza é cantante, guitarrista e compositor de Los Ángeles. Chega a España co seu grupo californiano No Justice. Publicou tres discos co guitarrista Javier Vargas.
Gaby Jogeix é un dos artistas de blues nacional más recoñecidos, con tres álbums editados.
Ao longo do verán, o resto do programa é o seguinte:
- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.
- xoves 10 de xullo: Jimmy Barnatán.
- xoves 21 de agosto: Ángeles Dorrio
- xoves 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco
Máis eventos de tipo Concerto