Evento: Galicia Escena PRO: Compaña
Galicia Escena PRO: Compaña
Este espectáculo fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan o espectador a un mundo surrealista e onírico.
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva o público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Co apoio de Café de las Artes Teatro, Zirkozaurre, La madriguera azul, Circonove e os concellos de Ames, Outes e Rianxo
Autoría: Jesús Velasco
Dirección: Jorge Jiménez, Jesús Velasco
Elenco: Jesús Velasco
Escenografía: CruLe Produccións
Iluminación: Rafael Díaz Ramírez
Vestiario: Alicia Tojo
Costura de bonecos: Lorena Mariño
Pintura: Raquel Germade
TODOS OS PÚBLICOS, A PARTIR DE 6 ANOS
CIRCO, MARIONETAS
50 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.
Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO



