Evento: Cantareiras Ergutío
Cantareiras Ergutío
Con motivo do Día das Letras Galegas, o Museo Etnolóxico quere homenaxear ás nosas ancestras, as mulleres que mantiveron viva a lingua alén dos tempos cos seus cantos. É por iso que o día 16 de maio terá lugar no museo a actuación das cantareiras Ergutío.
Ergutío, que naceu en xullo de 2017, é un grupo de cantareiras que fai música bebendo da raíz, da tradición. Naceu no seo da Escola de Música Tradicional de Baños de Molgas, onde se coñeceron e onde aprenden. No seu repertorio hai xotas, muiñeiras, maneos, rumbas, mazurcas; pero tamén se atreven con outras músicas. Tocan os instrumentos que tocaban as súas nais e avoas: morteiros, culleres, legóns, petos, canaveiras, pandeiretas... Fan voces, pois pensan que así enriquecen as melodías tradicionais, xa de por si fermosas.
Ergutío son:
Felicidad Fariñas
Dolores Pérez
Vanessa Rodríguez
Maribel Rivero
Isabel Cid