Evento: Holi Gaiás 2025

Holi Gaiás 2025
sábado, 7 xuño, 2025 - 11:30
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Holi Gaiás 2025

O sábado 7 de xuño regresan a Holi Gaiás e a Peque Holi para encher a Cidade da Cultura de cor e despedir a primavera como se merece cun evento lúdico, deportivo e para todos os públicos. A sétima edición desta...

O sábado 7 de xuño regresan a Holi Gaiás e a Peque Holi para encher a Cidade da Cultura de cor e despedir a primavera como se merece cun evento lúdico, deportivo e para todos os públicos. A sétima edición desta carreira festiva xa está en marcha para gozar dun sábado de xuño en familia ou con amizades, cubríndose co tradicional po de cores durante o percorrido e na gran festa final.
A actividade está pensada como unha opción para practicar deporte de forma saudable e pasar un bo rato cheo de diversión nun espazo tan singular e vistoso como é o Monte Gaiás.
Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Gadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festivo e non competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e cores, inspirada no festival Holi da India. Este ano, como novidade, doarase un euro de cada inscrición á Fundación Andrea, que traballa con nenos e nenas con enfermidades crónicas, de longa duración ou terminais. As persoas que non participen na carreira pero queiran colaborar poderán mercar o Dorsal 0, cuxa recadación irá integramente destinada a esta fundación.
 
 
 
+INFO

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola