Evento: Bibopalula
Bibopalula
Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención a todo o que acontece entre as árbores…
A Banda do Bosque recibe por parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos obstáculos, pero tamén a momentos emocionantes arredor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos ou o paso do día á noite.
No medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como ‘O Terremoto’, ‘As Estrelas’ ou ‘A Poza’, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 4 a 8 anos.