Evento: A crise de polinización. Un planeta con plantas estériles?
A crise de polinización. Un planeta con plantas estériles?
A exposición está deseñada para ser unha experiencia educativa e visualmente impactante que motive aos visitantes para tomar acción en favor dos polinizadores. Coa combinación de elementos informativos e visuais, esperamos sensibilizar ao público sobre a urxente necesidade de protexer a estes cruciais seres vivos. Este proxecto expositivo busca concienciar sobre a importancia dos polinizadores e as ameazas que enfrontan, utilizando unha combinación de elementos visuais e textuais que informen e sensibilicen aos visitantes. Toda a información presentada está avalada por estudos científicos realizados polo laboratorio Divulgare da Universidade de Vigo integrado no Grupo de Referencia Competitiva BVE1.
Pode visitarse no vestíbulo do 6 ao 30 de maio durante o horario de apertura da biblioteca.