Evento: O carteiro de Ximaraos

  • O carteiro de Ximaraos
O carteiro de Ximaraos
xoves, 29 maio, 2025 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

O carteiro de Ximaraos

Centro Dramático Galego en coprodución con Os Monicreques de Kukas

O carteiro de Ximaraos é unha peza teatral de pequeño formato para a infancia, profundamente conmovedora, baseada na obra de Carlos Labraña gañadora en 2024 do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia

A historia mestura maxistralmente realidade e fantasía para abordar dúas temáticas de gran relevancia: o impacto emocional do alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal como fío condutor das relacións humanas. A peza céntrase na relación entre un avó, antigo carteiro da vila de Ximaraos, e o seu neto, que descobre na saca do avó un tesouro de cartas esquecidas.

A través desta conexión, o espectáculo reflexiona sobre como as historias, as memorias compartidas e os pequenos rituais familiares poden enfrontarse ao esquecemento.

Interpretación: Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey.

 

EQUIPO ARTÍSTICO

Creación do equipo artístico gañador do Premio Xuventude Crea 2024 na modalidade de teatro baixo a coordinación do equipo do Centro Dramático Galego

Dirección: Susana Villaverde

Dramaturxia: Ezequiel Rodríguez e Susana Villaverde

Asistencia escenográfica e creación de audiovisuais: Maite Dubois.

Creación de iluminación e máscaras: Amelia Poyato.

Deseño de monicreques e indumentaria: Amelia Poyato, Marcelino de Santiago e Isabel Rey.

Espazo sonoro: Xosé Lois Romero.

Asistencia de espazo sonoro: Noemi Pardo.

Voces gravadas: Marcelino de Santiago, Isabel Rey e Noemi Pardo.

 

O carteiro de Ximaraos (Carlos Labraña)

O avó de Xoán era o carteiro da vila de Ximaraos antes de xubilarse. Como o home xa vai vello e cada vez ten peor memoria, Xoán e mais súa nai van vivir con el para coidalo. Entre as súas posesións máis prezadas atópase unha colección de postais penduradas da parede. A Xoán encántanlle, pero o avó non llas deixa nin tocar. Aínda así, o rapaz aproveita cando el non está para fochicar nelas. Co paso do tempo, o ancián cada vez lembra menos cousas, mais do seu maxín nacen diferentes historias que Xoán escoita abraiado, sen saber moi ben se son reais ou inventadas. Ademais, o avó está sempre coa teima de que hai que facer o repartimento das cartas. Xoán pensa que é outro conto máis, ata que atopa no faiado unha saca de correo chea de cartas sen entregar. Serán capaces entre os dous de que as cartas cheguen aos seus destinatarios despois de tanto tempo?

 

Venda de entradas: ataquilla e no despacho de billetes do Salón Teatro (rúa Nova, 34) desde dúas horas antes do comezo das funcións.

https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas/teatro/46-salon-teatro-/...

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés