Evento: Las hijas del fuego

Las hijas del fuego
xoves, 24 abril, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Albertina Carri, 2018

Road-movie lésbica a modo de utopía erótica-libertaria. Exercicio de pornografía que ataca e subverte a representación do corpo e desexo femininos imposta de forma maioritaria polo heteropatriarcado. Cunha despreocupada mirada que deconstrúe os modos do porno mainstream, Carri conta cun elenco diverso, con corpos que escapan do normativizado, e que reivindican unha sexualidade libre e sen ambaxes dende un compromiso militante. Mellor película arxentina no BAFICI, recentemente foi froito da polémica polas críticas da ultradereita arxentina en redes sociais, molesta porque na fita “unas gordas lesbianas se la pasan culiando”. A película de Carri é profundamente política e, en vista dos comentarios dalgúns, parece que deu no cravo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La novia del pirata
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
22 de maio
Filmoteca de Galicia
La novia del pirata
22 de maio
Filmoteca de Galicia