Evento: Festa do Boi 2015

  • Cartel da Festa do Boi 2015
Festa do Boi 2015
sábado, 30 maio, 2015 a domingo, 7 xuño, 2015
Varias ubicacións,
Allariz

Festa do Boi 2015

Festa Tradicional de Interese turístico de Galicia

Malia a súa antigüidade, a Festa do Boi tivo tamén as súas interrupcións. A última, nos anos 50. Ata que un grupo de mozos allaricenses decidiu en 1983 rescatar do esquecemento unha festa que funde as súas raíces no século XIV, tempo en que en Allariz habitaba, soportando o desprezo dos cristiáns, a colonia xudía que tanta pegada deixou na vila. Contan as crónicas que en 1317 un fidalgo allaricense de profundas conviccións relixiosas chamado Xan de Arzúa, quixo rematar coas burlas e os insultos dos xudeus ao paso da procesión do Corpus, que respondían así ao constante acoso cristián, e para iso encabezou a procesión a lombos dun boi, cargado de sacos con formigas que botou sobre os xudeus. O fidalgo deixou en herdanza unha dote suficiente para que todos os anos un boi percorrera as rúas. E así se fai.

O acto central da Festa do Boi, que dura dez días, son as carreiras do boi –varias cada día– polas rúas de Allariz.

Descargas

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo