Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 7 abril, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía da violencia

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Alfredo González Ruibal será quen presente "Arqueoloxía da violencia: de guerras e outras agresións".

Alfredo González é investigador da arqueoloxía do pasado contemporáneo e das sociedades non modernas actuais, ten demostrado o acaído da arqueoloxía para coñecer os ciclos de violencia á marxe de relatos ideoloxizados. Os seus traballos amais da guerra, esténdense ao colonialismo, a ditadura e o capitalismo; desenvolvendo proxectos en Etiopía, Somalilandia,Yibuti, Guinea ou Brasil. É doutor en Arqueoloxía Prehistórica pola UCM. Ten sido bolseiro MEC/Fulbright no Archaeology Center (Stanford University) e profesor axudante na UCM. Recibiu o Premio Nacional de Ensayo 2024 pola obra Tierra Arrasada. Un viaje por la violencia del Paleolítico al siglo XX. Actualmente é investigador científico do INCIPIT-CSIC.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde