Evento: Encontro literario co colectivo Comadres das Letras

Encontro literario co colectivo Comadres das Letras
venres, 11 abril, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Encontro literario co colectivo Comadres das Letras

Encontro literario

Cedemos o espazo para realizar un encontro literario no que as mulleres que integran o colectivo Comadres das Letras, a través de recitado de poemas e lectura de textos, conversarán co público asistente sobre o libro Cereixas roubadas (Alvarellos), segunda publicación do colectivo. O primeiro volume, Contármonos, foi publicado en 2023. O acto estará acompañado ao violín por Elisa Méndez Puentes, estudante de cuarto da ESO no IES de Ames e Zoe de Rojas Rozas, estudante de primeiro de Bacharelato no IES de Sar.

Comadres das Letras é un colectivo de escrita feita por mulleres en clave feminista, que xorde no 2022 en Santiago de Compostela. O grupo constitúese ao abeiro de dous obradoiros literarios dirixidos por Eli Ríos e organizados pola AELG en colaboración co Concello de Santiago.

Este colectivo propúxolle á RAG unha ampliación da definición de 'comadre' no seu dicionario, reivindicando que máis aló das acepcións recollidas (parentesco en relación co amadriñamento de descendentes), 'comadre' era unha denominación popular para as parteiras e emprégase con frecuencia en toda a xeografía galega en referencia á rede de apoio que se establece entre mulleres. En marzo de 2024 a RAG deu resposta á demanda das Comadres das Letras ao incorporar no seu dicionario unha terceira acepción do termo comadre que atende á relación de confianza e apoio mutuo entre mulleres.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés