Evento: XVIII Festival Internacional de música Pórtico do Paraíso

XVIII Festival Internacional de música Pórtico do Paraíso
domingo, 11 maio, 2025 - 19:00
Pazo de Vilamarín,
Vilamarín

XVIII Festival Internacional de música Pórtico do Paraíso

Cantar Poesía, Irene Brigitte, voz & Pedro Martins, vihuela, tiorba e guitarra barroca

Cantar Poesía é un proxecto dedicado á interpretación de poemas musicados ao longo do século XVI. En particular, preténdese explorar este tipo de repertorio nas cortes portuguesas e italianas, revelando eventuais puntos de contacto e de diversidade.

Irene Brigitte (Trieste, 1989) obtivo o diploma de máster en Canto Renacentista e Barroco no Conservatório de Vicenza “Arrigo Pedrollo” (Italia) con Gemma Bertagnolli. Na actualidade, é doutoranda en Estudos Artísticos pola Universidade de Coímbra cun traballo de investigación dedicado á música vernacular portuguesa do século XVI.

Nacido o ano de 1979, Pedro Martins concluíu en 2018 a Licenciatura en Música Antiga na ESMAE na clase de laúde cos profesores Hugo Sanches e Ronaldo Lopes. En 2020 concluíu o Máster en Ensino de Música, variante instrumento (laúde), na ESMAE. Estudou en masterclasses con Eduardo Eguez, Vinícius Perez e Rafael Muñoz.

Máis eventos de tipo Concerto

Taibo
8 de maio
Rúa Nova, 22
Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes