Evento: Nicolás Muller en Galicia
Nicolás Muller en Galicia
A exposición Nicolás Muller en Galicia recolle unha selección de 50 fotografías das máis de 700 que o autor tirou durante as súas viaxes á Comunidade. Máis da metade das imaxes que se exhiben son inéditas, convertendo a esta exposición nunha oportunidade única para achegarnos á Galicia dos anos 60 a través da ollada dun dos fotógrafos máis recoñecidos do século XX.
Este proxecto expositivo, comisariado por José Ferrero, nace á raíz da mostra Nicolás Muller. Vento Norte, que se puido verse no Museo Centro Gaiás no 2023 e que visitaron máis de 14.000 persoas. Co fin de achegar a súa obra a outras localidades nace esta nova exposición no Museo do Mar de Galicia, que encapsula a esencia deste fotógrafo e que inclúe numerosas fotografías das Rías Baixas na década dos 60.