Evento: Alana

Alana
domingo, 16 marzo, 2025 - 13:30
Arca da Noe,
Vilar de Santos

Antía Vázquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusións e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.

O xeito á cántigha é o seu primeiro disco. Nunha das recollidas de Dorothé Schubarth recompiladas no Cancioneiro Popular Galego, Delfina de Cerceda explícalle á musicóloga como dar “o xeito á cántigha” nas melodías das muiñeiras e das xotas. Esa gravación de hai máis de 40 anos é a orixe que dá nome ao álbum. Alana é un proxecto novo, diverso, cunha potente posta en escena e unha importante vinculación coa tradición e o baile. No seu primeiro ano de vida foron os gañadores do Premio Xuventude Crea na categoría de música.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense