Evento: Tributo a José Afonso e Rosalía de Castro

Tributo a José Afonso e Rosalía de Castro
sábado, 1 marzo, 2025 - 20:00
Teatro Principal,
A Estrada

Tributo a José Afonso e Rosalía de Castro

Concerto con Iria Estévez e Canto D´Aquí

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.

Este XI Festival cultural Convergências conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua, así como dos concellos da Estrada e Ponteareas, a Fundación Rosalía de Castro e este ano tamén de Braga 25 Capital da Cultura de Portugal.

Do 3 de febreiro ao 15 de marzo.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5