Evento: Tribal XX
Tribal XX
TRIBAL XX é o novo espectáculo do gaiteiro e frautista pontevedrés ÓSCAR IBÁÑEZ, co que celebra o 20 aniversario de traxectoria artística coa súa banda de directo ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO. En TRIBAL XX combina novas creacións con algúns dos temas máis destacados dos seus traballos discográficos. Así pois TRIBAL XX é unha espectacular e enérxica viaxe sonora a través música tradicional galega chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, na que realiza unha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora con predomio da sonoridade celta. Con este espectáculo e fiel ao seu persoal estilo segue a contribuír á actualización, difusión e universalización da nosa música patrimonial, ao tempo que respecta a súa esencia. Con ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO realizou máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Alemaña, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais celtas máis importantes de Europa.
OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO
Suso Iglesias, acordeón
Paula Gómez, violín
Xosé Liz, guitarra
Paco Dicenta, baixo
Leandro Deltell, percusión e batería
Óscar Ibáñez, gaita e frautas
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



