Evento: "J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos
venres, 21 febreiro, 2025 - 20:00
Centro Social de Abanqueiro,
Boiro

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos

Espectáculo de máxia a cargo de Martín Camiña Ilusionista

Se crías, despois de ler no google maps, que “Valle de Oro” era un desleixo á nosa cultura ou se pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en:

“J, K, W e Y”.

Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades.

Todo o que nunca imaxinabas: a nosa lingua e cultura pendurada do xeito de vida actual, a través dun acto cheo de intres con sorpresas, abraios e moitos sorrisos.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra