Evento: Festa do choco

Festa do choco
venres, 12 maio, 2017 a domingo, 14 maio, 2017
Redondela,
Redondela

Festa do choco

A principal festa redondelá que conta cun concurso gastronómico e un amplo programa de actividades culturais

Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos.
A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. Aí pódese degustar o choco preparado polos restaurantes da vila  en diversas formas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas.
O concurso gastronómico, no que todo o mundo pode participar é, por excelencia, a estrela principal da festa redondelá. Os premios son en catro modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos.
Con motivo desta popular festa, o municipio redondelán ofrece aos visitantes un amplo programa de actividades festivo-culturais onde teñen cabida as bandas de música, deportes e xogos infantís, entre outras.
É tan innegable a importancia do choco para Redondela, que popularmente aos veciños e veciñas da vila se lles coñece como “choqueiros” ou “choqueiras”.

Destacado desta Festa de Interese Turístico: o concurso gastronómico.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo